O Concello de Ribeira denuncia o roubo de táboas no paseo de Pinisqueira

09 Outubro 2019

20191009. O Concello de Ribeira denuncia o roubo de numerosas táboas de madeira pertencentes ao paseo que se atopa na zona de Pinisqueira, na parroquia de Aguiño.

Dito paseo, que foi renovado recentemente pola Demarcación de Costas en Galicia, comezou a presentar a ausencia de táboas. Unha vez recibida a denuncia por parte dunha usuaria, empregados municipais achegáronse a constatar o sucedido.

Desde o Concello manifestan que, a partir de agora, reforzarase a presencia policial no entorno co obxectivo de evitar que se continúen cometendo estes roubos no paseo. Por parte da brigada municipal, procederase a repoñer as táboas subtraídas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.