O Concello de Ribeira deberá trocar por outra obra a ampliación da estrada a Balteiro

23 Outubro 2019
Lugar de Balteiro, na parroquia ribeirense de Oleiros

O Concello de Ribeira informou hoxe de que vén de recibir un escrito da Deputación da Coruña no que a entidade provincial conmina ao Executivo ribeirense a cambiar por outra actuación a mellora da estrada entre o campo de fútbol de Oleiros e o lugar de Balteiro, na mesma parroquia de Oleiros, unha obra incluída no Plan de Obras e Servizos 2019 (POS) da Deputación, ao abeiro do Plan Adicional. As obras que a entidade provincial urxe trocar consistían na ampliación da estrada DP-7303 que une os dous ditos emprazamentos da parroquia de Oleiros.

A Deputación pide que o proxecto sexa substituído por outro investimento ao estar focalizada tal intervención nunha estrada de competencia provincial. A tal efecto, dende o Concello estanse a valorar diversas alternativas, que en todo caso deberán ser adoptadas en sesión plenaria da Corporación municipal.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...