O colectivo ribeirense das Amas de Casa organiza unha andaina solidaria a favor de AGAPREM

03 Outubro 2019

20191003. Ribeira será escenario o domingo 6 dunha andaina solidaria a favor da Asociación Galega de familias de nenos Prematuros (AGAPREM) organizada pola Asociación de Amas de Casa de Ribeira, en colaboración co Concello. A cita arrancará na praza do Consistorio, ás 10.30 horas, para realizar un itinerario de 8 quilómetros, aproximadamente, considerado de baixa dificultade e que percorrerá diversos emprazamentos coma O Touro, Ameixida, A Garita, Frións, San Roque e volta ao punto de saída. Así o deron a coñecer a tenente de alcalde, María Sampedro; a presidenta do colectivo de Amas de Casa, Puri Cores; e Sofía Pego, en nome de AGAPREM.

Unha vez concluída a andaina, procederase á proxección dun vídeo da asociación, ao sorteo de regalos doados por comercios e farase un avituallamento.

A presidenta de Amas de Casa, Puri Cores, animou á veciñanza a participar nesta iniciativa aberta a tódolos públicos. Os interesados poden inscribirse previamente nos teléfonos de contacto 653333124, 619066684 ou 981874577. Tamén é posible formalizala o propio día mediante donativo no momento da entrega dos dorsais. Polo de momento, xa hai 130 persoas anotadas.

Ademais, Puri Cores expresou o seu agradecemento aos comercios colaboradores, ao Concello, a Sofía Pego en representación de AGAPREM, á xunta directiva das Amas de Casa e a Fran Romay por participar activamente na organización e preparar o itinerario.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

“Mayday, Mayday, Mayday. Ribeira.” – Manuel Domínguez

La situación de Ribeira es alarmante, no es un robo casual, la casualidad es cotidiana, los siete días de la semana, los 30 días del mes. Los coches no solo son asaltados en la calle, son asaltados dentro de los garajes privado, debajo del domicilio. La policía los...

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.