O BNG pide paralizar a construción da depuradora de marisco no porto de Castiñeiras

25 Outubro 2019

A parlamentaria do BNG, Montse Prado, formulou hoxe unha pregunta, na Comisión de Pesca, relativa á construción da depuradora de marisco na parroquia ribeirense de Castiñeiras co “suposto visto bo de Portos e Costas.”

Montse Prado asegurou que a depuradora está causando alarma entre a veciñanza pola construción no porto, “unha obra no borde do litoral” que, segundo precisou, non conta coa licencia municipal e incorre nunha “ilegalidade.”

Tamén explicou que “a depuradora será instalada nunha zona de fraxilidade paisaxística”, situándose na liña costeira.

No proxecto, engadiu a nacionalista, “non se prevé  a evacuación das augas residuais e no lugar non existe ningunha conexión á rede pública polo que o lavado de moluscos e tráfico de vehículos incidirán moi negativamente no medioambiente.”

A deputada cualificou de “inxustificables” as explicacións da presidenta de Portos de Galicia e sinalou que o Concello de Ribeira “aprobou unha resolución sobre o incumprimento da lexislación urbanística vixente.” Ademais, indicou que “hai dabondo” instrumentos legais e informes negativos para que Portos “paralice esta actuación.” Así mesmo, Prado recalcou que a entidade conta coa “oposición dunha veciñanza que rexeita a utilización do peirao e a praia de Castiñeiras para unha depuradora de marisco no borde do litoral”, polo que volveu reclamar a “paralización da obra.”

Outros artigos

A xornalista Nieves Concostrina estará este mércores no Liceo de Noia

Este mércores 30 de setembro, a xornalista e escritora Nieves Concostrina estará no Liceo de Noia para conservar sobre a súa obra, os seus libros e a súa traxectoria na radio. Estará acompañada polo alcalde, Francisco Pérez Caamaño, e por José M. Romarís. A conversa...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

“Ti, morena, quen es?”. Luís Celeiro

Son eu, señor capitán deste navío mercante! Eu son unha muller de mundo, ando polo mundo senrumbo e sen sosego. Estou embarcada neste buque e quero saber para onde imos, cantos e cantassomos, como viviremos o que nos queda de mar e quen seremos ao regresar á terra, se...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.