O 23 de outubro re-comezan os obradoiros Nautilus do CRA de Rianxo

17 Outubro 2019

20191017 O vindeiro 23 de outubro pola tarde van comezar no Colexio Público Rural Agrupado de Rianxo (o CRA de Rianxo) as novas actividades do Club de Ciencia Nautilus, para o que, segundo informa a dirección do centro, xa está aberto o prazo de solicitude de inscricións, que remata o día 22. Haberá, novamente, actividades participativas, divertidas e creativas para estimular a científica e o científico que todas as nenas e nenos levan dentro. Cómpre estarmos atentos á axenda.

O CRA de Rianxo, que recentemente adheriuse ao programa Biblioteca Creativa (que tamén busca alentar as vocacións científicas e tecnolóxicas da rapazada dende idades temperás), participa na convocatoria de Clubes de Ciencia da Consellería de Educación, ao abeiro do cal puxo en marcha hai dous anos o proxecto Nautilus, que ten achegado obradoiros sobre ciencia, novas tecnoloxías, robótica, fauna mariña, química, electricidade ou sobre os segredos do corpo humano, entre outros moitos temas de interese.

O proxecto Club de Ciencia Nautilus ten o obxectivo de “animar a curiosidade científica do alumnado nunhas idades nas que a curiosidade invade os seus intereses”. Tamén busca formar á rapazada en hábitos de coñecemento a través da investigación e da exploración.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

“12 de agosto de 1975”. Xosé González Martínez

Sempre tiven curiosidade pola etimoloxía da nosa onomástica. Pero tamén polosalcumes, para coñecer as razóns que os motivaron. De aí que sexa un atento lector dostextos das esquelas que se publican nos xornais.O mes de agosto sempre foi un mes moi festeiro. Por estas...

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

“El rey ausente” – Manuel Domínguez

El rey ausente. Los muertos son números que forman parte de una estadística. ¿Números? Si. Si muere en el exterior, es el número del pasaporte, si muere en el hospital en número de la seguridad social, si muere en casa el número del DNI. Los 100 muertos en el mar,...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.