Licitada a pavimentación de tres camiños na parroquia ribeirense de Olveira

25 Outubro 2019

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá a pavimentación de camiños no lugar de Sirves, na parroquia de Olveira. Esta iniciativa supón unha inversión de 182.411 euros, financiada no marco do Plan de Obras e Servizos (POS) provincial.

O obxectivo que se persegue con este proxecto consiste en mellorar os firmes actuais de tres vías mediante unha nova pavimentación asfáltica en quente, de entre cinco e seis centímetros de espesor. Con tal motivo, será preciso estender un total de 304 toneladas dunha mestura bituminosa.

O prazo de execución ascende a tres meses e as empresas interesadas dispoñen ata a medianoite do 28 de outubro para presentar as súas ofertas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.