Licitada a instalación dun Sistema de Cartelería Dixital na cidade de Ribeira

23 Outubro 2019

Unha nova actuación no concello de Ribeira permitirá o subministro, instalación, conexión, posta en servizo e explotación dun Sistema de Cartelería Dixital que persegue ofrecer á cidadanía información relevante sobre eventos, municipal e turística por medio de seis paneis de alta resolución, tres interiores e tres exteriores.

Trátanse de pantallas de información de alta resolución e gran formato, intelixentes e conectadas online mediante un reprodutor multimedia de contidos, capaz de transmitir fotos, vídeos, arquivos PDF, son, redes sociais e páxinas HTML, entre outros. Ademais, estes taboleiros dixitais estarán controlados mediante unha Plataforma Software de Control e Xestión de Contidos instalada en Cloud, na nube.

Con este sistema preténdese dispoñer dunha canle de comunicación para transmitir todo tipo de referencias sobre actividades culturais, campañas, eventos, feiras, lugares de interese para visitar, etcétera; así como emitir información procedente da cidadanía coma, por exemplo, actos de asociacións.

Previsiblemente, os paneis estableceranse no interior do Concello, na entrada do mercado municipal e no recibidor do complexo polideportivo da Fieiteira. No que respecta ao exterior, colocaranse nas fachadas do Consistorio e da Sala Museo Municipal, así como no entorno da Oficina Municipal de Turismo.

Así mesmo, as pantallas a subministrar deberán integrarse coa estética dos edificios e do lugar en que se dispoñan.

O prezo base de licitación son 116.668’20 euros e os interesados poden formular as súas ofertas de xeito telemático na Plataforma de Contratos Públicos de Galicia ata o 4 de novembro á medianoite. O tipo de contrato será dos denominados chave en man, que asegure a realización da entrega totalmente equipada e en perfecto estado de funcionamento.

Esta iniciativa enmárcase dentro da EDUSI Máis Riveira Atlántica 2020, financiada nun 80% polo Fondo Europeo de Desenvolvemento Rexional (FEDER) dentro do Programa Operativo Plurirrexional de España (POPE) 2014-2020. Adscríbese a liña de actuación deste plan denominada Modernización da Administración e Smart Village Riveira.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.