‘Idiota’ chega á Mostra de Teatro de Ribeira

04 Outubro 2019

20191004. Con motivo da Mostra de Teatro de Ribeira, no Auditorio municipal terá lugar hoxe, venres 4, ás 21.30 horas, a posta en escena de Idiota da man de Redrum Teatro. Jordi Casanovas é o autor deste espectáculo dirixido por Alex Sampayo e que narra a historia de como Carlos Varela -interpretado por Machi Salgado- por fin cre que a súa sorte mudou, xa que un anuncio ofrece unha chea de cartos a cambio de someterse a unha serie de probas psicolóxicas. Recíbeo unha doutora de orixe alemá -interpretada pola ribeirense Susana Sampedro-, comezando as preguntas e a comedia. Unha comedia que non tarda en ennegrecerse atrapando ao protagonista e ao público nunha tea de araña. Este texto composto de minas en forma de dilemas morais e descargas de presión psicolóxica, mergúllase nos mecanismos de manipulación, nos resortes da cobiza, o poder das grandes corporacións, a desinformación culpable, a capacidade da tolerancia ante o abuso da autoridade e as inconmensurables dimensións da estupidez humana, sempre ignorante das cláusulas en letra pequena que impón a vida.

Cómpre lembrar que a totalidade dos bonos foron vendidos, polo que xa está o aforo completo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.