Ibuprofeno Teatro recala na Mostra de Teatro de Ribeira

18 Outubro 2019

20191018. Con motivo da Mostra de Teatro de Ribeira, no Auditorio municipal terá lugar hoxe, venres 18, ás 21.30 horas, a posta en escena de Casa O’Rei da man de Ibuprofeno Teatro, completando así a súa triloxía gastronómica xunto con O Furancho e Raclette. Escrito e dirixido por Santiago Cortegoso, proponse un xogo escénico e dramatúrxico a partir de O rei Lear de William Shakespeare, ambientado nunha típica casa de comidas galega. O espectáculo narra a historia de Manolo Rey, vello e enfermo, que prepara un cocido e reúne á familia, pois a comida sempre é unha escusa. Nesta ocasión, será para repartir a Casa entre as súas tres fillas. Pero o cocido sae cargado de traizón e desprezo, intragable polo amargor dun mundo novo, ácido e descoñecido, que trae do estranxeiro unha morte preconxelada e sazonada con bile. O tempo, o destino e o Burger King son implacables coa sorte dos mortais que non saben seleccionar os ingredientes idóneos para elaborar as receitas da súa vida.

O elenco está composto por Miguel Borines, Victoria Teijeiro, Marián Bañobre, Raquel Espada, Víctor Mosqueira/Santiago Cortegoso e Xosé M. Esperante.

Esta peza teatral conta coas distincións a Mellor Montaxe no Certame de Teatro Garnacha de Rioja Haro e a Mellor Actor Protagonista e Mellor Música Orixinal nos XIII Premios de Teatro María Casares.

Cómpre lembrar que a totalidade dos bonos foron vendidos, polo que xa está o aforo completo.

Outros artigos

Ribeira premia os comercios mellor decorados na XIX edición de Artemar

A votación popular recoñeceu a ambientación mariñeira d’O Bazar de Álvaro, Iluminación Lijó e A Recoveira. Premio Recoveira O Concello de Ribeira fixo entrega dos galardóns correspondentes ao Concurso de Decoración de Establecementos, enmarcado dentro da décimo novena...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.