Detidas dúas mulleres en Ribeira por tráfico de drogas

25 Outubro 2019

Axentes da Policía Nacional adscritos á Comisaría de Ribeira procederon á detención de dúas mulleres de 36 e 40 anos, naturais de Vigo e Ribeira respectivamente, como presuntas autoras dun delito contra a saúde pública na súa modalidade de tráfico de drogas.

A policía atopábase realizando un dispositivo para a prevención de tráfico de drogas en Ribeira e, durante o mesmo, levaron a cabo a identificación das dúas mulleres, localizándose entre as súas pertenzas 60 gramos de diferentes sustancias estupefacientes, 2 teléfonos móbiles, 410 euros en efectivo en billetes de diverso valor, 1 navalla e 1 báscula de precisión, razón pola cal se procedeu á detención de ambas.

A unha das detidas cónstanlle antecedentes policiais por feitos similares.

Tras tramitarse as correspondentes dilixencias policiais, foron postas a disposición da autoridade xudicial, decretándose prisión provisional para unha delas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...