Comezan as obras en tres rúas da parroquia ribeirense de Corrubedo

16 Outubro 2019

20191016. Xa está en marcha a actuación dirixida á renovación das liñas de saneamento e pluviais e da pavimentación das rúas Prado, Rocapellón e Campo da Agra, todas elas situadas na parroquia de Corrubedo.

As obras son executadas por Construcciones Ponciano Nieto, S.L., cun investimento de 36.105 euros, IVE incluído. A acción, financiada no marco do Plan de Obras e Servizos + (POS+) da Deputación, ten un prazo de execución de tres meses.

Actualmente, as rúas Rocapellón e Prado carecen de rede separativa, polo que as augas residuais e pluviais son canalizadas por un único colector de formigón. No que se refire á rúa Campo da Agra, as acometidas das augas residuais domiciliarias están conectadas a unha tubaxe de formigón que desemboca nun emisario da praia do Prado, en lugar de estar dirixidas ao bombeo do Prado que conecta á súa vez coa EDAR de Corrubedo. Por outra banda, os pavimentos de aglomerado e formigón están bastante deteriorados.

O obxectivo desta intervención reside en eliminar os vertidos das augas residuais ao medio mariño e conducilas á EDAR de Corrubedo, ademais de crear unha rede de saneamento para que chegue menos cantidade de augas pluviais aos bombeos, o que redundará nun mellor funcionamento destes e da propia estación depuradora, segundo indican desde o Concello.

Así, no Campo da Agra conectaranse as acometidas domiciliarias de augas fecais e o colector que descorre pola rúa Rinchador á tubaxe de PVC establecida con motivo da instalación dos colectores e a EDAR de Corrubedo. En canto ao colector de formigón existente, utilizarase para a recollida de augas pluviais. Por outra banda, en Prado instalarase un novo colector de PVC para saneamento, ademais de realizar as acometidas de augas residuais das vivendas lindeiras a este tubo. No que respecta a Rocapellón, instalaranse dúas liñas independentes, unha para saneamento e outra para pluviais, conectando a cada unha as acometidas correspondentes.

En canto a pavimentos, na rúa do Prado e na rúa Campo de Agra aglomeraranse cunha mestura bituminosa en quente, en tanto que na rúa Rocapellón utilizarase adoquín prefabricado de formigón en cores gris e vermello.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

“Apuntes en septiembre”. Mario Clavell

Vine al calor de mi ciudad mediterránea y hago un resumen de la Compostela que acabo de dejar. Dejo la torre Berenguela andamianada para que la maquillen. Me dura la emoción cósmica del eclipse del 12 agosto. El Obradoiro en estremeció en esa hora de...

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

“A arte de non morrer”. Xosé González Martínez

O ensaio escrito polo médico Roberto Fernández Álvarez, “Arte de non morrer.Antropoloxía da lonxevidade galega” recibíu Premio Ramón Piñeiro, moi merecidamenteporque é un estudo denso con abondosos datos e atinadas interpretacións científicas.O seu autor afonda nas...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.