Catro anos de cárcere para a acusada de apuñalar a un home no verán de 2018 en Ribeira

04 Outubro 2019

20191004. O xuízo celebrado tras dous aprazamentos contra a acusada de apuñalar a un home en agosto do ano pasado en Ribeira determinou catro anos de prisión para a procesada, despois de que a Fiscalía e a defensa chegasen a un acordo. Esta condena podería verse incrementada nun ano de non abonarse a multa imposta por resistencia á autoridade. Ademais, estudarase se cumpre a pena en España ou é extraditada ao seu país de orixe.

Inicialmente a petición do Ministerio Público era dunha pena de catorce anos e medio de cárcere por delitos de tentativa de homicidio, lesións e atentado contra a autoridade. Ademais, solicitábase que a acusada indemnizase ás vítimas con 6.000 e 2.000 euros, así como ao Sergas polos gastos médicos ocasionados.

Os feitos remóntanse ao verán de 2018 cando a muller se dirixiu armada cun coitelo a unhas mesas dun bar situado na ribeirense avenida de A Coruña, onde se atopaba un home co cal mantivera un altercado pola desaparición do seu móbil. Cando outra muller, parella do varón, tentou calmala, recibiu unha apuñalada. Pola súa parte, o home foi acoitelado en dúas ocasións na rexión torácica e, segundo indicaba o texto da Fiscalía, “con ánimo de matar” a este, polo que precisou tratamento cirúrxico e estivo ingresado na UCI.

Así mesmo, a acusada arremeteu e abalanzouse empuñando a arma branca contra os axentes da Policía Nacional que acudiron ao lugar, resultando necesario desenfundar as súas armas reglamentarias para reducila.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.