Barbanza tinguiuse de rosa

21 Outubro 2019

20191021. O sábado 19 conmemorouse o Día Mundial Contra o Cancro de Mama e na comarca desenvolvéronse numerosas actividades ao longo desta fin de semana co obxectivo de sensibilizar á cidadanía. Así, en Ribeira procedeuse á colocación de mesa informativa e cuestación anual na lonxa ou á celebración do I Festival Solidario Contra o Cancro, entre outros. A presidenta da xunta local ribeirense da Asociación Española Contra o Cancro (AECC), María José Carreira, sinala que, debido á climatoloxía do sábado, cancelouse a colocación de mesas informativas e cuestación anual en distintos emprazamentos da cidade, pero que agardan facelo o vindeiro sábado.

Cedida
Cedida
Cedida

Por outra banda, máis de tres mil persoas participaron na terceira edición da Andaina Solidaria contra o cancro de mama en Boiro, a cal culminou coa realización dun enorme lazo na praza do Concello. Ademais, numerosos establecementos vestiron os seus escaparates de cor rosa.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.