Adquirido o inmoble destinado a albergar en Ribeira o Punto de Encontro Familiar

22 Outubro 2019

20191022. A formalización da compra dun inmoble por parte do Concello ribeirense, permitirá a creación dun Punto de Encontro Familiar en Ribeira logo da súa cesión á Consellería de Política Social da Xunta de Galicia.

A adquisición vén dada despois de que, no pleno do mes de xullo, a corporación municipal dese o visto bo por maioría absoluta a esta iniciativa. Cómpre lembrar que, nesta sesión plenaria, acordouse a cesión do inmoble a Política Social por un período de 30 anos. Ademais, durante o período de exposición pública, non houbo alegacións.

Así, mercouse por 80.490 euros un baixo de 123 metros cadrados de superficie nun edificio situado na avenida das Airós, no lugar de Fontán, moi preto de onde se vai construír a nova comisaría.

Desta maneira, Ribeira converterase no oitavo municipio de Galicia que conte con este servizo, evitando así os desprazamentos ata a capital galega. Os outros concellos que dispoñen desta prestación son A Coruña, Ferrol, Santiago, Lugo, Ourense, Pontevedra e Vigo.

Os puntos de encontro familiar constitúen un equipamento social, de carácter neutral, especializado para o cumprimento do réxime de visitas establecido pola autoridade competente, que ten por obxecto favorecer a relación entre os menores e as súas familias cando, nunha situación de separación, divorcio, nulidade, tutela ou calquera outro suposto de interrupción da convivencia familiar, o exercicio do dereito de visitas se vexa interrompido ou o seu cumprimento resulte difícil ou conflitivo.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

“La casa de Maricarmen”. José Antonio Constenla

Maricarmen tiene 87 años y vive en la misma casa desde 1956, cuando su padre firmó un contrato de alquiler. Ha pasado allí casi toda su vida. Con el paso del tiempo y las correspondientes subrogaciones familiares, terminó por convertirse en la última inquilina de una...

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

“Foro La Toja 2026: la travesía de la razón”. Alberto Barciela

Despunta el otoño sobre la ría de Arousa con una claridad de plata vieja y salitre, mudando los pinares de la isla de A Toxa en un mirador de sosiego donde la Galicia más atlántica y liberal renueva su vocación de encuentro. En este umbral de octubre, cuando la brisa...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.