ADEGA fai un chamamento a participar nunha nova eliminación de invasoras en Sálvora

04 Outubro 2019

20191004 Entre o 8 e o 10 de outubro vaise desenvolver na illa de Sálvora unha iniciativa colectiva de limpeza e eliminación de especies invasoras: un programa de xeiras medioambientais que retomará o fío dos traballos iniciados en 2015 por diversos colectivos e activistas da nosa terra, coordinados por ADEGA. O plan de labores tamén se centrará no estudo e mantemento das charcas temporais da illa do concello de Ribeira.

Segundo informa ADEGA, tanto Sálvora como o restante parque nacional atlántico é “un espazo natural cun importante valor para a conservación da biodiversidade”. Tamén lembra que as especies exóticas invasoras son a segunda causa de extinción desta biodiversidade no planeta, un problema que se agrava nas illas galegas por ser ecosistemas singulares e de gran fraxilidade onde os traballos de control son máis complexos de executar.

O parque nacional galego posúe, neste senso, diversos elementos de flora e fauna que desprazan e fan desaparecer as poboacións autóctonas, que motivaron ao longo destes anos programas e investigacións centradas no seu control. Unha parte destes programas é a centrada na divulgación da problemática entre a cidadanía, e a creación de espazos de participación como é o voluntariado ambiental.

Programa de actividades

· O campo comezará o martes 😯 á tarde co desprazamento até a illa de Sálvora. Unha vez alí realizarase unha charla formativa sobre o proxecto e as actividades de eliminación de EEI.

· O mércores 9 están programados os traballos de campo para os cais os/as participantes dividiranse en varios grupos.

· O xoves 10 haberá unha posta en común e unha avaliación dos traballos realizados. Ademais haberá actividades complementarias como roteiros pola illa ou observación de aves e cetáceos (se o tempo o permite).

Para obter máis información ou formalizar a nosa inscrición cómpre visitar a web do Voluntariado ambiental en Sálvora ou ben enviar un correo a ramses@adega.gal e contactar coa organización a través dos números 981 57 00 99 e 616 238 050.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.