A Xunta destina preto de 95.000 euros aos centros comerciais abertos de Ribeira, Boiro e Rianxo

09 Outubro 2019

20191009. Unha liña de axudas aprobada pola Consellería de Economía, Emprego e Industria destinará 94.745’09 euros aos centros comerciais abertos de Boiro, Rianxo e Ribeira. O delegado territorial da Xunta, Ovidio Rodeiro, sinalou que o obxectivo reside en reforzar o papel de asociacións na dinamización do comercio na actividade das vilas e cidades galegas a través de iniciativas que permiten atraer clientela e mellorar os servizos que se ofrecen aos consumidores.

Ovidio Rodeiro apuntou que “esta orden de axudas pretende fomentar un novo modelo comercial intelixente, competitivo e adaptado ás novas necesidades que reclaman os clientes.”

Estas achegas destínanse a proxectos que inclúan iniciativas de dinamización comercial, sistemas de fidelización, sinalización externa ou mellora da competitividade comercial, entre outros.

Como novidade, entre as actuacións apoiadas inclúese a creación de sinerxías e oportunidades dixitais a través do asociacionismo, con axudas para a posta en marcha de solucións dixitais para a venta e promoción de produtos dos comercios asociados, así como a mellora e modernización da imaxe do centro comercial aberto, a implantación e mellora do portal web do CCA ou marketing dixital.

No ámbito provincial, a Xunta concederá en total a centros comerciais abertos, prazas de abastos e federacións de comercio 26 axudas cun investimento total que supera os 672.000 euros.

Estas achegas enmárcanse no Plan Estratéxico de Impulso ao comercio de Galicia, que ten entre os seus retos o establecemento dun novo modelo de comercio intelixente que sitúe ao cliente no centro da súa estratexia aproveitando tódolos recursos á súa disposición.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...