A Ruta Rosaliana será o obxecto dun programa integral de sinalización intelixente

10 Outubro 2019

20191010 A liña xeográfica, de gran interese turístico, que vai dende as portas do Barbanza, en Dodro, até Compostela, vai contar con tecnoloxías que permitan mellorar a experiencia dos viaxeiros e, tamén, dos residentes. O treito en cuestión, polo que discorre a Ruta Rosaliana (pasando polos concellos de Ames, Brión, Padrón, Dodro e Santiago), vai ser o escenario onde se desenvolva un proxecto de sinalización turístico-intelixente da man da Deputación da Coruña e dos devanditos Concellos. O obxectivo, en palabras da entidade provincial, “é mellorar a imaxe, modernizar o sistema de datos e facer máis accesíbel un recurso de especial interese turístico creado arredor do territorio biográfico e literario de Rosalía de Castro”.

O alicerce do proxecto será un convenio de colaboración intermunicipal que impulsará a incorporación de tecnoloxías como os códigos QR (para ofrecer información online de recursos e mapas) e beacons (dispositivos miúdos dispostos con capacidade para ofrecer produtos e servizos personalizados a través do teléfono móbil, ampliando a posibilidade de facer reservas en aloxamentos, restaurantes e actividades antes da viaxe ou no destino).

En palabras do vicepresidente da Deputación, Xosé Regueira, “a iniciativa dotará dunha tecnoloxía avanzada a turistas dixitais que queiran recibir a información nos seus dispositivos e poidan acceder a servizos para a preparación da súa viaxe”. Na súa opinión, a Ruta Rosaliana é un recurso de especial interese cultural e turístico que ten unha grande potencialidade e “queremos que se adapte aos novos sistemas de información e comunicación de maneira que se amplíe a súa difusión e a súa accesibilidade”.

A iniciativa abrangue a análise e diagnóstico da situación actual da ruta e a elaboración do plan director da sinalización e o desenvolvemento do novo sistema de destino turístico intelixente conectado.

Outros artigos

Sábado 12, tempo seco e solleiro cunha suba xeral das temperaturas

O tempo anticiclónico continuará a marcar o panorama meteorolóxico en Galicia durante a xornada deste sábado 12, Santa Uxía, festivo local en Ribeira. A comunidade permanecerá baixo a influencia directa das altas presións, ás que se sumará a entrada progresiva dunha...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

“A españolidade dos saharauís xa é oficial” – Antón Luaces

O Congreso dos Deputados aprobou  -medio século dempois da ocupación do Sáhara Occidental por Marrocos- a nacionalización de saharauís, feito que se produce en plena polémica co país norteafricano. A medida pode afectar/beneficiar a aproximadamente 80.000 persoas e os...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.