A instalación da plataforma única obriga a cortar o tráfico rodado no tramo en obras da ribeirense rúa Rosalía de Castro

14 Outubro 2019

20191014. Con motivo das obras que se están desenvolvendo na ribeirense rúa Rosalía de Castro, a partir do mércores 16 procederase a cortar ao tráfico rodado o tramo da citada vía comprendido entre Marcial del Adalid e Lugo.

Así, e co obxectivo de permitir os vehículos ata a praza do Concello, reordenarase temporalmente a circulación na zona, invertendo o sentido na rúa Lugo, á cal se accederá desde a rúa Cristóbal Colón. Ademais, na rúa Marcial del Adalid só se poderá circular en sentido ascendente.

Por outra parte, durante estas obras limitarase o peso máximo autorizado respecto aos vehículos que baixen polo tramo superior da rúa Rosalía de Castro a 3.500 quilogramos por mor da pendente que logo teñen que afrontar en Marcial del Adalid.

Cómpre lembrar que a actuación que se está a efectuar en Rosalía de Castro consiste na creación dunha plataforma única a través da pavimentación da zona da calzada cunha capa de formigón con franxas de pedra intercaladas. A duración destes traballos estímase en tres semanas, despois das cales será reaberta á circulación de vehículos.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

“Hai un golpe de Estado en marcha?”. Antón Luaces

A pregunta non é inocente. E, formulada polo vicepresidente primeiro do Goberno na sesión de control ao Executivo que preside Pedro Sánchez, menos aínda. Tal pregunta en boca de Carlos Cuerpo, probablemente un "home tranquilo", deixou este mércores un pouso de...