A Festa do Carme chega a Leiro do 11 ao 13 de outubro

09 Outubro 2019

20191009. A parroquia rianxeira de Leiro celebra esta fin de semana a Festa do Carme. Os festexos arrancarán o venres 11, ás 12.00 horas, coas 21 bombas de palenque. Xa pola noite, terá lugar unha gran churrascada, ás 21.30 horas, e as actuacións de Os Viqueiras de Ordes, ás 22.30 horas, e América de Vigo, ás 00.00 horas.

A xornada do sábado 12 estará dedicada a Santa Bárbara, comezando coas dianas e alboradas a cargo do Grupo de Gaitas Buxaina, ás 10.00 horas. A Misa cantada oficiarase ás 13.00 horas e, de seguido, haberá sesión vermú a cargo da orquestra Ciclomanía. Leirolandia chegará ás 18.30 horas con tren turístico, mentres que a noite estará amenizada por Ciclomanía e La Fórmula, a partir das 22.00 horas.

O último día de festas, domingo 13, será na honra da Virxe do Carme, iniciando con pasarrúas a cargo do Grupo de Gaitas Buxaina, ás 10.00 horas. A Misa cantada polo Coro Parroquial de San Vicente de Lestón oficiarase ás 12.30 horas e, a continuación, haberá sesión vermú coa orquestra Abanico, a cal volverá á noite coa súa actuación xunto con Panama Band, a partir das 20.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.