A Cofradía da Dorna abre prazo para a presentación de candidaturas

08 Outubro 2019

20191008 A Real e Ilustre Cofradía da Dorna comunicou á súa ampla comunidade de socias e socios a apertura do prazo para para presentar propostas de candidatura para as vindeiras eleccións á directiva da entidade, que, como lembraremos, é a encargada da organización de todo o relativo á Festa da Dorna de Ribeira e ao seu completo programa de actividades (que se concentran no 24 de xullo e nos días previos a esta xornada, aínda que non se limitan exclusivamente a estes días).

A confraría lembra que antes de rematar este ano en curso “tocan eleccións”, e por este motivo fai un chamamento a todas as socias e socias que teñan interese en presentar unha candidatura a que se poñan en contacto coa actual directiva “para resolver todas as dúbidas que poidan xurdir para preparar os proxectos”. Poden facelo a través do Facebook da Cofradía da Dorna e de todas as canles de comunicación que se ofrecen neste recanto dixital permanentemente actualizado.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.