A Biblioteca de Ribeira celebra o 24 de outubro agasallando libros

23 Outubro 2019

Este xoves 24 de outubro vaise celebrar o Día da Biblioteca, que se conmemora a nivel galego e estatal dende hai máis de dúas décadas (dende que a Asociación Amigos do Libro Infantil e Xuvenil decidiu propoñer esta xornada para destacar as vantaxes de termos acceso local aos libros e á cultura). As nosas bibliotecas municipais xa teñen preparadas actividades culturais para festexar a xornada. Se onte falamos do encontro co escritor Antón Riveiro Coello na de Boiro, hoxe informamos das celebracións na de Ribeira: a Biblioteca Municipal de Ribeira vai festexar a efeméride agasallando un libro ás usuarias e usuarios que visiten o espazo de empréstamo e lectura na devandita data.

O Día da Biblioteca está especialmente adicado ao público infantil e xuvenil. A proposta desta celebración veu da man da dita asociación, en recordo da destrución na Biblioteca de Saraxevo en 1992, e foi apoiada no seu día polo Ministerio de Cultura. Esta conmemoración naceu para “trasladar á opinión pública a importancia da biblioteca como lugar de encontro dos lectores de todas as idades coa cultura, e como un instrumento de mellora da formación e a convivencia humana”. A xornada celébrase a nivel galego e estatal e acompáñase dun pregón que se difunde en todas as bibliotecas de España.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

“O respecto cara aos servidores públicos” – José Manuel Pena

Un gobernante é un servidor público e como tal se merece o respecto necesario, con independencia do partido ao que pertenza ou teña a ideoloxía que teña. O que non pode ser é que o alcalde de Vilanova de Arousa, Gonzalo Durán, con máis de tres décadas no cargo como...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.