A Biblioteca de Ribeira acolle unha homenaxe-contacontos ás grandes mulleres da nosa historia

18 Outubro 2019

Este sábado vai ter continuidade en Ribeira, na Biblioteca, o ciclo Sábados de Conto (relatos orais e espectáculos para nenas e nenos de entre 3 e 12 anos, todos os sábados pola mañá e de entrada gratuíta). Desta volta, é a quenda do espectáculo Mulleres Galegas Ilustradas, do grupo Polo Correo do Vento. A cita, organizada polo Concello, a Xunta e a Deputación (programa Ler Conta Moito), comezará ás 12 horas.

Trátase dun divertido, divulgativo e enriquecedor percorrido polas vidas de catro sobranceiras mulleres da nosa historia: a científica Ángeles Alvariño, a pintora surrealista Maruja Mallo, a escritora María Victoria Moreno e a mestra e pedagoga Ernestina Otero. Amais destas catro figuras históricas galegas, e a través delas, farase tamén unha homenaxe a todas as mulleres, famosas ou anónimas, que contribuíron á elaboración de todos os relatos orais ilustrados do mundo.

O espectáculo, un obradoiro creativo, mestura o formato de contacontos con actividades para as nenas e nenos de máis de tres anos. Terá unha duración de 60 minutos aproximadamente.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.