Vinte artistas da asociación Alterarte expoñen no Lustres Rivas de Ribeira

09 Setembro 2019

20190909. O Centro Cultural Lustres Rivas de Ribeira albergará ata o 31 de outubro unha nova exposición baixo o título Sensacións. Dita mostra está composta por 36 obras pertencentes a 20 artistas do colectivo Alterarte, unha agrupación con sede en Vigo que ten como obxectivo a promoción das distintas manifestacións culturais e a posta en valor do patrimonio abrindo o mundo da arte ao público en xeral.

Na noite do venres tivo lugar o acto inaugural, con participación da tenente de alcalde e concelleira de Cultura, María Sampedro, quen dou a benvida aos artistas, e do vicepresidente da entidade creativa, Constantino González, que convidou ao tecido artístico da comarca barbanzá a inscribirse na súa agrupación.

Entre os artistas exhibidos, figuran pintores coma José Manuel Cerdeira, Xavier Estévez, David Cabaleiro, Caramés, Mercedes González, Luis Viñas, Ana Padín, Tanio Ulloa, Carmen Balbuena, Azpeitia, Xosé Fervenza, Víctor González ou Justo Iluicamina, este último tamén con algunha obra escultórica. Esta exposición reúne distintas técnicas e formatos, desde acrílicos, óleos, gravados ou acuarelas ata mixtas sobre táboa, lenzo ou papel.

Estará aberta en horario de luns a venres, de 10.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas, así como os sábados, de 11.00 a 14.00 horas e de 19.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.