Veciños de Castiñeiras reuníronse coa tenente de alcalde polo proxecto da depuradora

06 Setembro 2019

20190906. A instalación da depuradora de mexillón na parroquia ribeirense de Castiñeiras mantén en vilo á veciñanza, molesta tanto pola construción do citado inmoble coma polo descoñecemento das súas características e magnitudes, así como a repercusión no funcionamento do peirao.

Para indagar sobre estas cuestións e expoñerlle a súa preocupación, solicitaran unha xuntanza a mediados de agosto co rexedor Manuel Ruiz. Finalmente, a tenente de alcalde, María Sampedro, foi quen os recibiu o mércores, 4 de setembro. Un dos membros do colectivo manifestou que descoñecen os motivos polos que non os atendeu Manuel Ruiz e que semellaba que “ela tampouco sabía de que realmente íamos polo tema da depuradora, colleuna un pouco de sorpresa.” Deste xeito, entende que “faltáballe información”, polo que nuns días recibirían comunicación máis detallada. Os cinco veciños que asistiron ao encontro insistiron en que querían a reunión co rexedor para “saber o que opina el do asunto porque hai unha inquedanza dentro do pobo sobre como se está desenvolvendo todo.” Ademais, consideran que as cousas non están fluíndo do xeito que debería, “como se nos estivesen dando largas.”

Por outra banda, os afectados citáronse novamente nesa mesma xornada e volverán facelo esta mesma fin de semana para concretar as entrevistas que terán proximamente con representantes dos grupos políticos do PSdeG-PSOE, BNG, PBBI e Suma Ribeira, así como empezar a reactivar a asociación veciñal A Batiola. De momento continúan agardando por unha contestación por parte de Portos de Galicia.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.