Unha exposición que percorre a historia de Corrubedo

11 Setembro 2019

20190911. Por iniciativa da Asociación Corrubedo XI Séculos e coa colaboración do Concello de Ribeira, así como de numerosa veciñanza que se prestou a ceder temporalmente as súas pertenzas, a casa do mar da localidade acollerá esta fin de semana unha exposición baixo o título Corrubedo nos arquivos.

Na mostra poderán contemplarse diversos documentos procedentes tanto de arquivos oficiais -por exemplo, o municipal de Ribeira ou o histórico da Universidade de Santiago de Compostela (USC)- coma familiares. Así, os lindes do coto de Corrubedo en 1621, o naufraxio do transatlántico francés Dom Pedro en 1895, os emigrantes que saíron do pobo entre 1923 e 1939 ou os retratos de mulleres captados por un fotógrafo que veraneaba no cabo nos anos sesenta e setenta, Michael Kuh, son algúns dos motivos de interese desta proposta expositiva.

Ademais dos arquivos en papel, tamén haberá sitio para arquivos materiais, exhibindo obxectos que eran de uso diario dos antergos.

A exposición estará aberta ao público o sábado 14 e o domingo 15, en horario de 11.00 a 14.00 horas e de 17.00 a 21.00 horas.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.