Unha década de Premios Atlante

16 Setembro 2019

20190916. O Museo do Gravado de Artes, que proximamente cumprirá dúas décadas de existencia, acolleu o sábado a entrega de galardóns da décima edición dos Premios Atlante de Gravado.

As notas da sonata para piano A Tempestade de Beethoven tocadas por Yuri Durán deron inicio a unha cita que contou coa presenza na mesa presidencial do director xeral de Políticas Culturais da Xunta de Galicia, Anxo M. Lorenzo; do presidente da Fundación Museo de Artes e alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz; o vicepresidente e impulsor do museo, Javier Expósito; o fillo adoptivo ribeirense e patrono da fundación, Ramiro Carregal; a voceira do xurado, Carmen Hermo; e o novo patrono Emilio Santasmarinas.

O bilbaíno afincado en Barcelona Juan García Escudero foi o principal distinguido ao recibir o Premio Ramiro Carregal Rey, dotado con 5.000 euros. García Escudero asistiu persoalmente a recoller o galardón, ao igual que o fixeron outros premiados -en modalidades agraciadas con 2.500 euros- coma Ana María Bellido Zambrano, procedente de Cádiz, e María Gabriela Guzmán, quen acudiu expresamente desde Chile. Tamén foi distinguida cun Atlante a polaca Anna Trojanowska -neste caso recolleu o premio o artista noiés Afonso Costa-, mentres que a coruñesa Nuria Pena recibiu o premio Galicia, dotado con 2.000 euros.

Integraron o xurado Alfonso Costa, Manuel Ayaso, Carmen Hermo, Isabel Pintado, Juan Monterroso, Daniel Buján e José Manuel López Vázquez. Este último falou en nome de todos eles e expresou as dificultades de que uns premios de gravado cumpran dez anos de existencia.

De xeito paralelo á entrega de distincións, procedeuse á apertura dunha exposición cun total de 40 obras seleccionadas de entre as 400 de 30 países recibidas, o que denota o prestixio destes premios fomentados por un museo que, en palabras do seu alma mater Javier Expósito, “é o mellor de Europa no mundo do gravado antigo e contemporáneo.”

O rexedor Manuel Ruiz asegurou durante o seu discurso que, coa sinatura do comodato subscrito entre fundación e concello ribeirense, o futuro dos premios Atlante está asegurado durante polo menos outros vinte anos máis.

Logo dunha nova interpretación ao piano por Yuri Durán concluíu a cerimonia dunha hora de duración que rematou cunha foto de familia.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...