Un cento de obras conmemoran os oitenta anos do inicio da Segunda Guerra Mundial

02 Setembro 2019

20190902. A Biblioteca Municipal de Ribeira conmemora cunha nova mostra os oitenta anos do inicio da Segunda Guerra Mundial, celebrados onte a raíz da entrada en Polonia das tropas nazis o 1 de setembro de 1939. A exposición está integrada por un cento de obras, tanto bibliográficas coma audiovisuais, e permanecerá aberta todo o mes de setembro.

Deste xeito, foi preciso realizar unha escolma de todo o material que garda a dependencia municipal, decantándose finalmente por 60 libros e 40 filmes. Os interesados atoparán distintos xéneros -histórico, literario e banda deseñada, entre outros-, películas e documentais. Dentro deste conxunto figuran pezas coma, por exemplo, O neno do pixama de raias, O diario de Ana Frank e Maus.

A concelleira de Educación, Juana Brión, animou a toda a veciñanza e, especialmente, ás escolas para que visiten a mostra no transcurso do presente mes.

Pola súa parte, Xoán Fernández Callón, traballador da biblioteca, fixo fincapé na dimensión de espazo público de difusión cultural, debate e educación social que ten este servizo municipal conforme á normativa vixente. Así mesmo, destacou a necesidade do coñecemento da Segunda Guerra Mundial como unha das chaves esenciais para comprender o mundo actual nos eidos político, económico, social e cultural, así como “debemos entender da historia os erros do pasado para non repetilos.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.