Santa Uxía arriba cunha ampla programación para tódolos públicos

06 Setembro 2019

20190906. As festas patronais de Santa Uxía celebraranse en Ribeira do 11 ao 14 de setembro coincidindo, ademais, con que este ano o día 12 será festivo local despois de que se impuxese ao martes de Entroido nun pleno celebrado o pasado mes de novembro. Deste xeito, unha vintena de eventos musicais, culturais e litúrxicos sucederanse na cidade. O cura párroco Alfonso Mera e a concelleira de Cultura, María Sampedro, foron os encargados de presentar a programación destes festexos.

Aínda que o groso de actividades se concentra o xoves 12 e o venres 13, tamén se levarán a cabo numerosas propostas o mércores 11 e sábado 14 destacando, por exemplo, a actuación da orquestra Panorama o primeiro día de festas, a partir das 22.30 horas, no paseo do Malecón; así como a inauguración da exposición e entrega do X Premio Internacional Atlante do Gravado, no Museo do Gravado de Artes, ás 13.00 horas do derradeiro día. Así, as catro xornadas ofrecerán contacontos, teatro, arte, música, espectáculos, xogos e actos litúrxicos. Actividades para tódolos gustos e idades. Tal e como manifestou a edil “despois de dous anos sen ser festivo este día, creo que lle temos que dar un realce” cualificando o calendario de “sinxelo, pero completo.”

A propia parroquia de Santa Uxía levará a cabo, entre outros, as exposicións Mundo en feminino e Soñando un futuro, ambas organizadas por Mans Unidas, ademais de conferencias, concertos e a Misa solemne do xoves 12, ás 12.00 horas, cantada pola Coral do Círculo Mercantil e Industrial de Ribeira coa posterior procesión. Así mesmo, o párroco anunciou que o luns 16 acudirá unha coral de Uruguai acompañada dunha coral xuvenil de Noia, “ese día será para nós o día que culminaremos todos estes actos e toda esta festa.”

Tanto María Sampedro coma Alfonso Mera animaron á veciñanza á involucrarse nesta festividade.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...