Sálvora e Corrubedo contarán con medidores do brillo do ceo

30 Setembro 2019
Orion and Canis Minor constellations and Sirius above horizon on a cold winter night. 13 sec exposure with ISO 2500. Moderate level of noise, color noise removed in raw-converter and in lab-mode without affect on details.

20190930 O concello de Ribeira contará con dous sensores de avaliación e seguimento do brillo do ceo, un na illa de Sálvora e outro en Corrubedo. O seu obxectivo será, basicamente, estudar os niveis de polución luminosa nas diferentes capas da atmosfera. Así o fixo saber a Xunta esta fin de semana, a través do seu anuncio da vindeira ampliación da Rede Galega de Sensores de Medición destinada a mellorar a capacidade destas infraestruturas. Segundo fixo saber MeteoGalicia, de quen depende a dita Rede, a ampliación será levada a cabo este ano. Incluirá a instalación de 20 novos sensores, que permitirán, tamén, “obter unha diagnose máis exacta sobre o grao de contaminación luminosa da Comunidade”.

O concurso para a adquisición destes equipos foi licitado por máis de 110.000 euros pola Consellería de Medio Ambiente, que vén de realizar a instalación dos catro primeiros sensores en A Coruña, O Rosal, Meis e Antas de Ulla e nos vindeiros meses completará a distribución de outros 16 nos seguintes concellos: Pontevedra, Santa Comba, Cervantes, Guitiriz, Viveiro, A Mezquita, Entrimo, Laza, Arbo, Cotobade, Ordes, Carnota, Ortigueira, Camariñas e Ribeira (onde, como dixemos, instalaranse dous, un en Corrubedo e un en Sálvora).

Segundo explica Medio Ambiente, estes detectores están polo xeral emprazados en puntos estratéxicos, tanto de zonas urbanas e periurbanas sometidas a “fortes emisións de luz”, como de áreas rurais e de montaña cunha exposición moito menor, e “permiten recoller datos con periodicidade minutal durante as 24 horas do día”. Os datos achegados son información de valor para facer consultas en tempo real na web de MeteoGalicia e, segundo este organismo autonómico, teñen un gran potencial para “coñecer en cada momento o estado do brillo do ceo e detectar e valorar os posíbeis cambios que se poidan producir”.

Outros artigos

O ribeirense Julio Silva, protagonista dun roteiro en Santiago

Este xoves 10 de xullo, Santiago de Compostela acolleu un roteiro histórico e cultural que percorreu os pasos do ribeirense Julio Silva Vilas, destacado sindicalista, xornalista e activista republicano, asasinado polo réxime franquista en xaneiro de 1937....

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

“Virginio Fuentes Martínez” – Xosé González Martínez

En certa ocasión alguén con boas intencións presentoulle o Gobernador Civil de Lugo, un personaxe de ortodoxo perfil franquista, ao escritor Ánxel Fole. O noso gran escritor, tendeulle a man como se adoita facer cando non temos simpatía pola persoa presentada, ao...

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

“Cuando hacer el bien, genera tragedia” – Manuel Domínguez

Muchas veces el silencio mata. Han sido muchos los que en la II guerra, salvaron del holocausto a muchas vidas judías, Schindler, el español conocido como ángel de Budapest, Wallenberg, o el portugués Sousa Méndes. Todos ellos hacían el bien, por el bien, por...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.