Riveiro Coello e López Silva impulsarán a canteira literaria de Rianxo cun novo obradoiro creativo

10 Setembro 2019
Inma López Silva nunha imaxe publicada no blog de seu

20190910 Por moitas cousas que pasen na vida, Rianxo nunca deixará de ser unha vila literaria. Así o certifican as múltiples actividades creativas que acubilla cada ano o concello, mesmo á volta do verán, cando o regreso aos hábitos cotiáns non deberan, sobre o papel, deixar moita marxe para a inspiración. Pero a celebración do Obradoiro de Creación Literaria que organizan a Escola de Escritores da AELG e máis o Concello de Rianxo demóstranos precisamente o contrario: que aquí fíxose, faise e farase sempre literatura.

A edición 2019 do obradoiro desenvolverase baixo o epígrafe As liñas no espello e será impartida polo novelista e poeta limiao, e boirense de adopción, Antón Riveiro Coello (autor de obras tan senlleiras como A quinta de Saler, As rulas de Bakunin ou A ferida do vento), cunha sesión maxistral a cargo da tamén escritora Inma López Silva (responsábel de novelas e ensaios tan sobranceiros como Concubinas ou Maternosofía).

A actividade desenvolverase nos sábados de outubro, novembro e decembro, en horario de 11:00 a 13:00 horas, no Auditorio de Rianxo. Segundo informa o Concello e máis a asociación AELG, está destinada a persoas maiores de 15 anos que “teñan interese na escrita e na creación” e ofértanse un total de 20 prazas (realizarase cun mínimo de 8 inscricións).

O obradoiro está especialmente indicando para quen busque xeitos e metodoloxías para transformar a realidade nunha contorna mellor do que é, tanto na palabra escrita como na súa verdadeira dimensión (o poder transformador da literatura, que transforma a páxina, o escritor, a escrita e máis o mundo).

A inscrición, de balde, poderase realizar a partir do luns 9 de setembro, ás 13:00 horas, e ata o 26 de setembro, ás 14:00 horas, na web concelloderianxo.gal. As prazas asignaranse por orde de solicitude. Terán preferencia aquelas persoas que non participasen na primeira edición deste obradoiro (en 2018).

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

“Prestamistas e usureiros” – José Manuel Pena

Aproveitarse da boa fe das persoas que o están pasando mal e que non poden acudir a unha entidade financeira en busca de financiamento, poñendo como garantía a vivenda habitual é algo inhumano. Pois si, hai moitos personajillos usureiros, considerados como...

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

“50 anos do achado do Casco de Leiro” – Antón Luaces

O pasado venres 7 de abril a Asociación Etnolóxica ADMR de Castelao ofreceu no pazo Martelo, en Rianxo, unha homenaxe a José María Vicente Somoza, na celebración do 50º aniversario do achado do Casco de Leiro o 7 de abril de 1976. Este día, José María traballaba nun...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.