Rianxo irmándase co mundo árabe a través do cinema

16 Setembro 2019

20190916 O festival Amal, o certame de cinema euro-árabe con eixe de operacións en Santiago, está arestora en ruta pola nosa terra, tendendo a meirande cantidade de pontes entre culturas e favorecendo, pola vía das imaxes, cousas tan importantes como o entendemento, o diálogo, a comunicación e o respecto pola diversidade. Segundo puidemos saber estes días, o festival (organizado pola Fundación Araguaney de Compostela) estará este mes en Rianxo para proxector media ducia de contribucións audiovisuais. O obxectivo: favorecer a irmandade a través do cinema.

As pelis a proxectar, que son unha escolma da máis recente edición compostelá de Amal, celebrada hai case un ano no Teatro Principal de Santiago, serán Alma mater, Zagros, Of fathers and sons, Sheikh Jackson, Ghost hunting e O Cairo Confidencial. Exhibiranse entre os días 25 e 28 deste mes. Son catro producións documentais e dúas longametraxes de ficción. Achegaranse en versión orixinal subtitulada. A recalada rianxeira do festival foi dada a coñecer polo presidente de honra da devandita fundación galego-palestina, Ghaleb Jaber Ibrahim, acompañado do alcalde de Rianxo, Adolfo Muíños.

Segundo ten explicado Ghaleb Jaber Ibrahim, o obxectivo do certame de cinema e da xira que leva os filmes proxectados pola nosa xeografía é fomentar “o coñecemento mutuo entre a cultura árabe e a cultura galega, e entre a poboación árabe e a poboación galega, sobre todo nunha situación a nivel político moi complexa en España, onde vemos esas correntes de pensamento máis xenófobas e máis duras contra o diferente que comezan a acadar representación”.

Co fin de facer fincapé no devandito compromiso a prol do entendemento e a tolerancia, as exhibicións audiovisuais compleméntanse cunha mostra de fotografía, unha escolma da colección Familias completas, familias incompletas, do foto-xornalista catalán Sergi Cámara, que retratou o drama dos refuxiados sirios que cruzaron o Mediterráneo, por mor da guerra, até a illa grega de Lesbos. Unha destas imaxes serviu para dar forma ao cartaz do mini-festival rianxeiro.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

“Leire”. Xulio Xiz

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...