Reordenado un tramo de aparcamentos no Malecón ribeirense

27 Setembro 2019

20190927. O Concello de Ribeira realizou esta mañá unha intervención no paseo do Malecón co obxectivo de reordenar un tramo de prazas de aparcamento a petición de dúas organizacións sociais que desempeñan o seu labor na contorna e, concretamente, no edificio coñecido popularmente coma a ‘Caixa de Aforros’. Trátase de AGADEA, que xestiona o Centro de Día de Alzhéimer, e a fundación Faibén de apoio á infancia, responsable dunha casa de acollida para menores pertencentes a familias desestruturadas.

Concretamente, operarios municipais procederon a habilitar unha praza en exclusiva para a fundación Faibén “coa fin de atender as necesidades desta entidade”, mentres que, recollendo unha solicitude expresa de AGADEA, habilitáronse dúas prazas express por tempo limitado a quince minutos para que os usuarios do centro e a cidadanía en xeral poidan facer uso das mesmas. Desde o Concello sinalan que AGADEA xa ten ademais outras tres prazas reservadas ao seu servizo.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...