Quico Cadaval presenta Vacas, Guerras, Porcos e Cregos no Fórum Metropolitano da Coruña

19 Setembro 2019

20190919 O dramaturgo, actor e narrador ribeirense Quico Cadaval vai dar a saída, este mes de setembro, á celebración dos 15 anos da compañía de espectáculos Excéntricas, na que milita. E farao con Vacas, Guerras, Porcos e Cregos, unha obra que xa tivo a súa estrea en Madrid (no Festival Poéticas Contemporáneas) e que agora poderemos ver moito preto da nosa casa (no Fórum Metropolitano da Coruña), o día 27 deste mes.

O espectáculo de Cavadal para a devandita data é a proba visíbel da transformación que están a sufrir nos últimos tempos os seus repertorios (os teatros da palabra, as historias e sucedidos con base real que constitúen a parte máis miúda das consideradas artes escénicas), cada vez máis enfocados a tirar abaixo calquera atranco que poida interpoñerse entre o poder evocador da palabra, por unha banda, e o público, pola outra.

A nivel de argumento, a obra xira arredor dun antepasado, Xuán O Fino, que era “un home bo coa familia, pacífico e bo viciño, amigo de facer favores, un personaxe carente de interese para o público, por estar exento de maldade”. Mais observando o entorno do patriarca, segundo nos advirte o autor, aparecen historias extraordinarias protagonizadas por personaxes “menos virtuosos”: vacas, curas, mentireiros, sementais, barbeiros, porcos, artistas de cine e militares.

E, tamén, historias paralelas e complementarias como a do crego que domina a Lüger e a retórica, a do barbeiro profético ou a de o alcumado como O Ghacheiro, un performer fedello, enredante e pícaro, que fai confluír, para asombro da veciñanza, unha das súas farsas co desembarque de Normandía, o seis de xuño de 1944. Novamente a principal fonte de inspiración de todos estes acontecementos, normais á par que máxicos, non é outra que a parroquia de Carreira (Ribeira), á que pertence Cadaval e que se sitúa, lémbranos o propio contacontos, nas coordinadas 42º23’33”, “xusto en fronte de Boston-Masachusetts”.

Outros artigos

A sexta edición da Carreira 5K El Canario desenvolverase no 28 de xuño

Ribeira correrá coa sexta edición da Carreira 5K El Canario, homenaxe a José Nespereira, que promove esta escola de boxeo coa colaboración do Concello. Esta cita deportiva será domingo, 28 de xuño, a partir das 10.00 horas, coa praza do Concello como punto de partida...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

“Lume e destrución” – José Manuel Pena

Os montes quéimanse por falta de compromiso das diferentes Administracións Públicas. A comezos de cada verán repítese a mesma película, lume e destrución da contorna natural por falta de prevención. A Xunta de Galicia, así como cada un dos Concellos e Mancomunidades...

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

“La gente normal habla y se entiende” – José Castro López

El Papa llamó a las fuerzas políticas a que dialoguen de forma civilizada. “La pluralidad política no debería degenerar en descalificación permanente del adversario…La firmeza no exige desprecio y la discrepancia no conlleva humillación del contrario”, dijo el...