Protección Civil de Rianxo distinguida co ouro da Placa ao Mérito

05 Setembro 2019
Do Facebook de Protección Civil Rianxo

20190905. A Xunta Directiva da Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España (ANAV Protección Civil España) vén de concederlle á Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Rianxo a Placa ao Mérito na súa Categoría Ouro. Esta condecoración outorgouse conforme ao disposto no artigo 1.5 do Regulamento de Recoñecementos, Honras e Condecoracións da Asociación Nacional de Agrupacións e Asociacións de Voluntarios de Protección Civil de España.

Pola súa parte, os premiados amosáronse “agradecidos, ilusionados, emocionados!!!”, sinalando que “este recoñecemento é gracias e para tòdol@s voluntari@s que pertenceron ou pertencen a nosa Agrupación.”

A distinción será entregada nunha cerimonia que se celebrará o 19 de outubro na Academia Galega de Seguridade Pública.

Outros artigos

O mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado en Rianxo

O músico mozambiqueño Cheny Wa Gune estará este sábado 26 de setembro en Rianxo no marco das celebracións do 10.º aniversario do pasamento de Fran Pérez "Nar", co patrocinio da Deputación da Coruña. A cita será ás 20.30 horas no Auditorio Municipal, e será un concerto...

+

Volve o programa Rianxo Termal con tres novas saídas

O Concello de Rianxo, a través da Concellería de Política Social, organiza unha xeira de tres novas saídas ás Termas de Cuntis nos meses de outubro, novembro, decembro destinadas a persoas maiores de 50 anos empadroadas no noso municipio. As saídas encádranse na nova...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

“La cantina móvil de Cruz Roja”. José Castro López

Las mejores iniciativas sociales suelen ser también las más sencillas, no necesitangrandes edificios ni presupuestos millonarios, basta una buena idea y la voluntad deponer a las personas en el centro. Ocurre con muchas propuestas, tanto de iniciativaprivada como de...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.