Os socialistas de Ribeira solicitan ampliar o horario da Biblioteca municipal

23 Setembro 2019

20190923. O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense presentou un rogo referente á ampliación do horario de estudo na Biblioteca municipal a petición de estudantes universitarios e opositores.

A formación política sinala que no 2016 presentara unha iniciativa para ampliar o cadro de persoal e de horarios deste espazo, así como no 2018 cando levara unha proposición para incrementar as horas de apertura. Segundo indica, “ambas iniciativas foron ben acollidas tanto polo grupo de Goberno, como pola Corporación Municipal de Ribeira.”

Os socialistas manifestan que na actualidade, o horario que está estipulado é de 09.00 a 14.00 horas e de 16.00 a 21.00 horas de luns a venres, e os sábados de 09.00 a 14.00 horas, “o cal nos parece acertado dada a afluencia de estudantes e así debe manterse.”

Agora, desde o partido expresan que “os sábados a tarde, domingos e festivos, necesitan seguir estudiando, e parte destos estudiantes desprazanse a Boiro (cos inconvintes e gastos que esto conleva) a aula/biblioteca ubicada no Centro Social Boirense (as chaves llas facilitan na cafetería).”

Por todo isto, solicitan que se facilite o acceso á biblioteca ou outro espazo público destinado a sala de estudo e lectura neses días para “satisfacer con calidade as necesidades destos estudantes. Pode ser aberta tamén, polos propios usuarios, recollendo e entregando a chave na policía local, ou fórmula similar a estudiar.” Deste xeito, expresan que pretenden ” seguir mellorando a atención a estos estudiantes, e de evitar desprazamentos a outros concellos.”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.