Os socialistas de Ribeira levarán a pleno a situación dos postes telefónicos nunha rúa de Palmeira

24 Setembro 2019
Cedida por PSdeG-PSOE de Ribeira

20190924. O grupo municipal do PSdeG-PSOE ribeirense presenta ao pleno unha serie de preguntas en relación aos postes de telefonía situados no “medio da calzada” da rúa Río Azor, en Palmeira.

A formación política expón que as obras de pavimentación da citada rúa foron executadas “recentemente” e que debido á situación destes postes “moitos veciños e usuarios da vía pública mostran o seu sentir desconforme coa permanencia”, ademais de que “esixen a súa retirada xa que poden provocar un accidente de tráfico de consecuencias impredecibles.”

Por todo isto, os socialistas formulan “Sr. Alcalde, cál é motivo de que non se retirasen os postes do medio da calzada?”; “están realizadas as xestións pertinentes coa compañía telefónica suministradora?”; e “para cando estima o traslado/retirada da liña de telefonía da vía pública?”

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.