Os concellos da comarca recibirán axudas da Deputación para accións de sustentabilidade

11 Setembro 2019

20190911 Até 39 concellos da provincia da Coruña, entre os que se atopan seis municipios da nosa contorna (A Pobra, Boiro, Ribeira, Rianxo, Lousame e Porto do Son), vanse ver beneficiados polo novo programa de mellora medioambiental da Deputación. Así o confirmou onte a entidade provincial, dando a coñecer o importe total das axudas (83.565 euros) que se van destinar a financiar pequenas actividades que contribúan a “manter e mellorar a contorna natural e a calidade ambiental da provincia da Coruña”. Entre estas accións figuran programas para tirar proveito da resina (o caso de Rianxo), para o control de especies invasoras ou para a xestión sustentábel de todo tipo de refugallos. Do devandito importe total, os concellos recibirán algo máis de 2.000 euros para dar financiamento a cadansúas iniciativas medioambientais.

Polo que respecta a Boiro, as axudas irán destinadas á elaboración do plan de xestión de residuos municipais, incluíndo propostas de actuación en materia de reciclaxe.

No caso de Pobra, búscase dar pulo á creación do catálogo de protección do patrimonio natural do municipio.

No que atinxe a Rianxo, o proxecto consiste en achegar formación para o aproveitamento da resina dos piñeiros.

Ribeira, pola súa banda, impulsará actividades para loitar contra a contaminación acústica (elaboración da ordenanza municipal de ruídos).

Porto do Son ten entre mans un programa de educación e comunicación ambiental dirixido á poboación en xeral e a colectivos específicos (centros educativos, asociacións veciñais, comunidades de montes…), sobre a concienciación sobre o uso das toalliñas e bastóns hixiénicos e outros materiais de uso diario. Lousame impulsará medidas para o aforro enerxético.

Outros artigos

“Prioiridade nacional, onde e con quen?-“. Antón Luaces

Dicir "os españois primeiro" é o equivalente a poñer en determinadas bocas citas indebidas e nas mans desas persoas a chave que só abre portas a moi concretos españois que, dende as opcións de VOX e outros partidos das súas  características, constatan que se...

+

“Leire”. Xulio Xiz

Hai tempo que quería escribirlle a Leire, e funo deixando pero de hoxe non pasa. Pode parecer que lle escribo á Leire Díez que anda na boca de todos, pero prefiro outra ben mais inocente.Certo que hai tempo busquei no organigrama de Correos quen tiña autoridade no...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

«Eu non quería morrer alá». Xosé Antonio López Silva

Bastou a aparición dunha palabra —hantavirus— para que regresasen de súpeto ao eido público os medos da COVID: os rumores, a procura de culpables, o instinto de autopreservación, a tendencia inquietante a deshumanizar. Ás veces semella esquecerse que todos os enfermos...