O picudo non da tregua ás palmeiras

11 Setembro 2019

20190911. A pesar de que o Concello de Ribeira leva aplicando desde fai tempo un intenso tratamento ás palmeiras de competencia municipal para combater o picudo vermello, existen dúas que non están a responder. Trátase dunha árbore situada en Pedra Pateira e da palmeira central da praza do Concello.

Desde o Consistorio sinalan que o caso desta última “é máis preocupante” porque, ademais desta praga –rhynchophorus ferrugineus-, padece outra doenza consistente nun fungo que arrastra desde as últimas obras de remodelación da explanada do cabido, fungo cuxos efectos se poden percibir a simple vista na base do tronco.

De tódolos xeitos, o Concello indica que esgotará tódalas opcións antes de dar por perdidos estes exemplares. De feito, as palmeiras municipais recibiron o último tratamento vinte días atrás e, en breve, aplicaráselle outro novo.

Outros artigos

Publicidade

PEL
PEL

Revista en papel

Opinión

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

“Ratos, ratiños e tornarratos” – Antón Luaces

O que foi e o que non é;  o que puido ser e a realidade converteu nunha experiencia máis para todos; o que o presidente autonómico canario quixo transmitir coma un relato propio daquel personaxe que foi "Cantinflas", quedará gravado para sempre na memoria de cantos, a...

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

“Noia sí, Lugo no” – Carlos Moledo

Hay una vieja trampa del poder que consiste en creer que las herramientas de la política pertenecen a quienes las inventan. Que el garrote es legítimo en tus manos y criminal en las del adversario. Que la ley vale cuando te protege y es injusta cuando te golpea. La...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.