O mellor da arte gráfica internacional pode verse estes días en Rianxo

20 Setembro 2019

20190920 Esta semana inaugurouse en Rianxo, no Centro Sociocultural do Auditorio, a mostra resultante do XIII Premio Internacional de Arte Gráfica Jesús Núñez, convocado pola Deputación da Coruña e a Fundación CIEC. A exposición, que poderá visitarse até o 1 de outubro, é unha escolma artística itinerante que está a pasar por dez concellos da provincia, e que inclúe unha selección de 30 obras das 142 que foron presentadas ao devandito certame. A escolma final é un salientábel resumo das actuais tendencias artísticas internacionais en materia de artes gráficas (hai artistas de primeira liña de países como México, Irán, Polonia ou Alemaña).

Entre as obras expostas destaca o primeiro premio acadado polo polaco Wieslaw Haladaj coa xilografía Appearance 22 e os accésit The extended night de Mehdi Darvishi e Forma y vacío de Rubén Morales Lara.

A mostra, coordinada polo selo editorial e consultora cultural Ouvirmos, inclúe no seu roteiro os concellos de Arteixo, As Pontes, Betanzos, Carballo, Carnota, Culleredo, Porto do Son, Rianxo, Sada, Valdoviño.

Outros artigos

O pleno da Estrada acorda o irmandamento con Rianxo

O pleno da corporación municipal da Estrada aprobou esta semana, por unanimidade, o irmandamento do Concello estradense co de Rianxo, municipios unidos simbólica e culturalmente pola parella que conformaron a estradense Virxinia Pereira Renda e o rianxeiro Alfonso...

+

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

“De momento… no es así…”. José Fernández Lago

Puedo continuar afirmándolo porque lo veo con toda claridad, después de haber estado siempre atento a lo que sucedía. Sí, aunque otros de quienes cabría esperar que estuvieran comprometidos en ello no hayan respondido adecuadamente, yo he estado siempre inmerso en lo...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.