O lume deste venres en Posmarcos foi debido a unha neglixencia

06 Setembro 2019

20190906 Mentres o lume non ten visos de remitir na xeografía galega esta primeira semana de setembro, deixando pegadas recentes na comarca do Barbanza (Porto do Son, Boiro, Pobra), continúan as investigacións dos corpos policiais por atopar os responsábeis das vagas incendiarias. Entre outras cousas porque a acción humana, voluntaria ou non, segue a ser a principal causa dos incendios. Hoxe mesmo, axentes da Policía Autonómica de Galicia, en colaboración con axentes forestais da nosa terra, comunicaron o esclarecemento da autoría dun incendio forestal orixinado este venres no concello de Pobra.

Os policías do Grupo de Investigación de Incendios da Xefatura de Santiago de Compostela procederon a tomar declaración como investigadas a dúas persoas como presuntas autoras dun lume forestal que tivo lugar hoxe ás 09.10 horas na parroquia de Posmarcos e que, segundo os máis recentes cálculos, afectou a unha hectárea e xa está estabilizado. O incendio, segundo as primeiras pescudas, orixinouse “pola neglixencia dos investigados”. A rápida intervención impediu a súa proliferación, malia que as condicións climáticas (o forte nordés que azouta Galicia) eran as máis idóneas para a propagación das lapas.

As dilixencias remitiranse ao xulgado de garda do concello coruñés de Ribeira.

A Policía Autonómica engade que no que vai de ano, un total de 63 persoas foron investigadas como presuntas autoras de lumes nos nosos montes.

Outros artigos

A Pobra suma dúas novas citas coa cultura no Cantón da Leña

A programación cultural da Pobra do Caramiñal continúa a próxima semana con dúas propostas no Cantón da Leña. Sue Moreno, con 5.0, e Rendos Pequeno, con Charlatán Rodríguez, protagonizarán as funcións previstas para o martes 11 e o xoves 13 de agosto, ambas ás 20.30...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

“Todas as culpas recaen en Pedro Sánchez”. Antón Luaces

Dí o PP que Pedro Sánchez "non quere un Rei preto do pobo; o PP, sí". Segundo fontes do partido, o PP vai exercer presión parlamentaria no Congreso para esixir explicacións ao Goberno e a visita do presidente de Ceuta ao palacio de Marivent , residencia vacacional dos...

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

“Detrás do manto de poder”. Luís Celeiro

Que estará pasando para que ninguén, nin os máis listos, saiban nada do que pasa. Un deputadogalego, despois dunha crise política que se cargou a parte do goberno autonómico, dixo coa man nopeito, do lado do corazón, aquí, “pasou o que pasou”. Todos o entenderon....

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.