O ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque disporá de seis circuítos

19 Setembro 2019

20190919. O Concello de Ribeira duplicará as prestacións do ecoparque arbóreo de aventuras de San Roque, pasando dun total de tres circuítos a seis.

Segundo manifestan, o obxectivo desta intervención reside en “potenciar o interese desta infraestrutura como espazo de turismo activo sacándolle maior potencial ás enormes posibilidades do periurbano de San Roque.” Para a súa materialización o Concello está en xestións coa Xunta de Galicia coa finalidade de elaborar un convenio co que recibir axuda para o seu financiamento.

Os xogos que se implanten revestirán maior dificultade dos xa existentes “na busca de satisfacer as expectativas dun maior espectro de usuarios.”

Así, un dos circuítos estará equipado con rocódromo, rondinos locos, ponte de corda, unha tirolina de 17 metros e outra de 200 metros. Pola outra banda, o segundo circuíto disporá dunha escaleira de cordas, unha parede de paso, un trapecio sentado, unha ponte balancín e un cable de equilibrio. Ademais, o circuíto número tres levará unha escaleira de cordas, lianas múltiples, rede de troncos e tirolina de 150 metros.

Esta actuación conta cun orzamento de 48.070 euros e un prazo de execución de dous meses.

Cómpre lembrar que o ecoparque segue funcionando, se ben co inminente inicio da tempada baixa vai abrir baixo demanda, calquera día da semana e cun grupo mínimo de dez participantes. Os interesados poden poñerse en contacto co teléfono 604053874.

Outros artigos

ADEGA di que maquinaria pesada arrasou unha zona dunar de Aguiño

ADEGA vén de emitir un comunicado no que a asociación ecoloxista galega pon o foco nunha praia de Aguiño onde, segundo din, vénse de arrasar un hábitat de gran relevancia para cría da píllara das dunas. Sinalan que dende o pasado sábado, 6 de xuño, nas vésperas do...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

“El verdadero líder”. Alberto Barciela

​El viaje a España de Robert Prevost, convertido en el Papa León XIV por decisión de un concilio, ha trascendido la mera visita institucional para transformarse en un acontecimiento del espíritu. En Madrid, como lo hará en Barcelona y Canarias, ha emergido con nitidez...