O Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento xestionará os parques de bombeiros de Ribeira e Boiro

16 Setembro 2019

20190916. Na sesión constitutiva do pleno do Consorcio Provincial Contraincendios e Salvamento da Coruña, integrado pola Xunta de Galicia e a Deputación da Coruña, resolveuse que, a partir de xaneiro de 2020, os parques de bombeiros da provincia da Coruña –incluíndo o de Ribeira e o de Boiro- pasarán a ser xestionados directamente pola administración pública, subrogando aos 174 traballadores.

Esta decisión vén dada despois de que o pleno ditaminase favorablemente as alegacións presentadas pola Mesa Intersindical de Bombeiros durante o período de exposición pública da Memoria sobre aspectos sociais, xurídicos, técnicos e financeiros respecto da xestión do servizo de extinción de incendios e salvamento, o que supón a aprobación definitiva do documento.

O presidente do Consorcio, Valentín González Formoso, manifestou que a xestión directa dos dez parques comarcais de bombeiros existentes na provincia coruñesa -Carballo, Arteixo, Boiro, Arzúa, Ordes, Betanzos, As Pontes, Cee, Santa Comba e Ribeira- “é a fórmula máis sostible e eficiente de xestión”, segundo os informes encargados polo goberno provincial e “garantirá un servizo profesional de atención de emerxencias para máis de 562.000 habitantes da provincia da Coruña e un aforro económico de arredor de medio millón de euros anual con respecto ao sistema vixente.”

O Consorcio está presidido polo titular do goberno provincial, Valentín González Formoso, coa vicepresidencia do director xeral de Emerxencias, Santiago Villanueva. Forman parte do pleno os deputados provinciais de Promoción Económica, Blas García Piñeiro, e de Contratación e Patrimonio, Xosé Luis Penas Corral, así coma o delegado territorial da Xunta de Galicia, Ovidio Rodeiro Tato, e o subdirector xeral de Seguridade, Jorge Atán Castro.

Outros artigos

O Concello de Ribeira insta á Xunta a dragar o porto de Santa Uxía

O pasado luns 30 de setembro celebrouse o pleno ordinario da Corporación do Concello de Ribeira onde o concelleiro de Mar, Fernando Abraldes presentou unha proposición cun amplo expediente onde se detallou o precario estado de mantemento e conservación que presentan...

+

O Concello de Boiro organiza un curso STEAM para a rapazada

O Concello de Boiro ofrece un curso de STEAM (siglas de Ciencia, Tecnoloxía, Enxeñaría, Arte e Matemática) para nenas e nenos, co obxectivo de fomentar a súa aprendizaxe en cuestión de tecnolóxicas básicas. Porase o foco na robótica, na Realidade Virtual, nos drons e...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

“La hemeroteca y la realidad”. José Castro López

Circula por la red una intervención del presidente del Gobierno en el Parlamento quedebió producirse cuando intentaba acordar la formación de Gobierno con Ciudadanos -las cámaras captaron a Rivera y Girauta en actitud de aprobación a su discurso-, del quereproduzco...

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

“Palabra de Rei”. Xulio Xiz

En foto de hai 48 anos podemos ver ao bispo de Lugo, Ona de Echave, asperxendo a Juan Carlos e Sofía, Reis, na porta norte da Catedral de Lugo, ante a mirada atenta de José Ferro. Eran tempos nos que “palabra de Rei” significaba firmeza nos tratos das...