O CIM ribeirense organiza tres cursos

20 Setembro 2019

20190920. O Centro de Información á Muller (CIM) de Ribeira informa de que, dentro do seu programa Artes-Terapias, o luns 23 darán comezo tres accións formativas gratuítas. Así, ofértase Coaching e biodanza para o empoderamento feminino -os días 23, 25, 27 e 30 de setembro, en horario de 15.30 a 20.00 horas, na aula de danza do Conservatorio-; Arte & Saúde -do 23 ao 30 de setembro-; e Teatro-Vida para Mulleres -do 23 ao 30 de setembro, impartido por Nekane Fernández, psicóloga, actriz e formadora de teatro-.

Aínda quedan prazas libres para o primeiro e o terceiro dos cursos citados anteriormente. As interesadas poderán anotarse ata as 14.00 horas do día 23 no propio CIM, situado na rúa Deán Pequeno 4 Baixo, a través do teléfono 981874131 ou do correo electrónico cim@riveira.com.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

Tiven a honra de presentar o acto que en Cospeito se celebrou arredor de  “Caldaloba”, drama histórico en verso do poeta e profesor Xosé Otero Canto.        Foi, á vez, un placer inmenso estar en Cospeito, rodeado de amigos que saben,  eu que só poido intuir e sentir...

“Caldaloba”, de Xosé Otero Canto”. Xulio Xiz

“Ofrenda” – Xulio Xiz

Celebrouse unha nova Ofrenda solemne do Antigo Reino de Galicia a Xesús Sacramentado na Catedral de Lugo. Cumpríronse 357 anos da súa institución, e cada ano as sete cidades do antigo Reino, seguen a xuntarse en Lugo – corazón do país – para honrar ao Santísimo e...