O CEIP de Palmeira será obxecto dun proceso de rehabilitación enerxética

20 Setembro 2019

20190920. A Consellería de Educación, Universidade e Formación Profesional vén de encargar os proxectos para a rehabilitación enerxética completa en oito centros escolares de Galicia -dous por provincia- no vindeiro ano 2020, unha actuación que suporá un investimento total de máis de cinco millóns de euros. Entre os centros que serán obxecto desta intervención atópase o CEIP de Palmeira, en Ribeira.

Deste xeito, preténdese acadar un aforro enerxético e un menor custo de mantemento dos edificios. A iniciativa enmárcase na actualización do Plan de Dotación de Infraestruturas Educativas posto en marcha en 2016, e que conta cun orzamento global de 199’7 millóns de euros ata 2021.

A Xunta sinala que estes traballos supoñen unha reforma enerxética e funcional dos centros, que xeralmente abranguen intervencións específicas en cubertas e fachadas -illamentos-, carpinterías -substitución por ventás con rotura de ponte térmico-, luminarias -substitución por equipos de alta eficiencia enerxética- e outros elementos das instalacións. Os labores complementaranse con outras actuacións coma, por exemplo, o pintado de aulas ou posibles melloras funcionais segundo o establecido nos proxectos técnicos. Faranse tamén melloras estéticas e funcionais coa incorporación dunha imaxe corporativa única a través da gama de cores empregadas nas aulas, así como en tódolos elementos identificativos e sinaléctica dos centros.

Segundo as previsións que manexa a Consellería, de aquí a finais deste ano procederase á redacción de cada un dos proxectos, os cales xa están encargados, coa intención de que o proceso de licitación e adxudicación de obras estea rematado antes do vindeiro xuño de 2020.

Así mesmo, indican que, desde que se puxo en marcha esta acción, investíronse máis de 18 millóns de euros en obras de rehabilitación enerxética e integral de 38 centros escolares ao longo de catro anos.

Ditas intervencións adhírense á Estratexia Europa 2020 e á Estratexia de aforro e eficiencia enerxética no sector público galego para o período 2015-2020.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

“Más democracia frente a la corrupción”. Alberto Barciela

En los enredos políticos cabe valorar indicios superlativos de egolatrías, ambiciones, avaricias y desentendimientos. Los coches oficiales suelen llevar cristales tintados y eso impide ver los bosques, descender a la realidad de lo cotidiano, entender lo que preocupa...

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

“De frutas a portas, pasando por Madrid”. Antón Luaces

En tempos, Madrid foi -amáis de capital de España- a cidade das chulapas e chulapóns, a cidade con máis mariños do territorio español, de osos e madroños e a capital do schotis que había que visitar polo menos unha vez na vida. Na actualidade, Madrid é tamén un...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.