O BNG ribeirense explica os motivos da súa abstención no pleno sobre os orzamentos

30 Setembro 2019

20190930. No pleno celebrado na tarde do venres con motivo dos orzamentos de Ribeira para 2019, o grupo municipal do BNG abstívose. O Bloque manifesta que é “moi crítico coa xestión do Partido Popular” respecto dalgunhas cifras e destino destes presupostos, mais “hai cuestións que temos que dicir que non son negras e negativas.”

Entre as “principais carencias” expresan que o municipio “continúa carecendo de chan industrial”, “seguimos sen saber que pasa coa ARI (Área de Rehabilitación Integral) que foi aprobada por este pleno” ou que “tampouco existe transparencia”, entre outros.

Por outra banda, sinalan que entre as “positivas” figuran accións no ámbito da dependencia, loita contra a violencia machista, deportes, transporte público, conxelación de impostos e melloras laborais para o persoal municipal, as cales “son propostas nas que o BNG traballou arreo para que fosen unha realidade ou se comprometeu con entidades, veciñanza e colectivos e fan parte da nosa acción política para mellorar o benestar das veciñas e veciños de Ribeira.”

Así, a formación afirma que a súa abstención débese “exclusivamente para garantir o cumprimento de compromisos feitos diante da veciñanza e de colectivos sociais de Ribeira e das súas parroquias.”

Outros artigos

Incidencias en Ribeira coa limpeza de via e incendio en Boiro

Limpeza de vía por vertedura de aceite hidráulico dun tractor na DP-7503, no concello de Ribeira Os bombeiros do parque Provincial de Boiro acudiron esta mañá, arredor das 12:10 horas, a unha intervención por vertedura de aceite hidráulico dun tractor...

+

Ribeira presenta novos roteiros turísticos en bicicleta eléctrica

Este martes 8 de xullo, Francisco Suárez-Puerta, concelleiro de Turismo de Ribeira, anunciou a posta en marcha, nas súas palabras, “dun completo programa de roteiros deseñados para mergullarse na rica historia e cultura da nosa terra”. Estes itinerarios, engadiu,...

+

Publicidade

Castiñeiras

Revista en papel

Opinión

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.