O alcalde de Ribeira reuniuse co presidente da Xunta para abordar demandas do municipio

02 Setembro 2019

20190902. O presidente da Xunta de Galicia, Alberto Núñez Feijóo, recibiu esta mañá ao alcalde de Ribeira, Manuel Ruiz Rivas, co obxecto de abordar unha serie de asuntos que resultan estratéxicos para o futuro do municipio barbanzán.

Neste senso, o rexedor municipal trasladoulle ao presidente autonómico a importancia que reviste para o concello sacar canto antes a variante de Ribeira. A este respecto, o presidente comunicou que no outono sairá a exposición pública o trazado da mesma e comprometeuse a estudar a viabilidade económica para que a execución da primeira fase sexa unha realidade no prazo máis curto que sexa factible.

Outro dos temas expostos por Ruiz Rivas foi a construción do novo polígono industrial, salientándolle que a axuda da Xunta de Galicia sería fundamental para poder abaratar custes á hora de afrontar esta actuación. Sobre este tema, acordaron analizalo polo miúdo unha vez o proxecto técnico estea nas mans do Concello.

Manuel Ruiz solicitou que o Goberno de Galicia se manteña firme na súa postura de propoñer a declaración como Patrimonio de Humanidade do parque nacional no seu conxunto, cuestión na que Núñez Feijóo ratificou a intención de seguir adiante coa candidatura Cíes-Illas Atlánticas.

Nos transcurso da entrevista deuse un repaso á situación das distintas infraestruturas portuarias do municipio e, sobre este extremo, o presidente comunicou que xa están aprobados por parte de Portos de Galicia os embarcadoiros comprometidos coa confraría de pescadores para Santa Uxía e que está prevista a súa inmediata licitación. Ademais, valorouse a necesidade de buscar solucións para temas coma o mantemento e a definitiva situación dos redeiros.

Outro dos asuntos tratados durante a reunión foi o Hospital da Barbanza, respecto do cal Manuel Ruiz expuxo a conveniencia de afrontar a súa ampliación unha vez estea completado o arranxo de Urxencias.

Por último, o alcalde de Ribeira pediu que a Xunta de Galicia extreme ao máximo os informes técnicos pertinentes antes de proceder a recepcionar de Acuaes a depuradora de Couso coa fin de dispoñer de plenas garantías en canto ao seu correcto funcionamento.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

“Escoitar o vento”. Xosé Antonio López Silva

Cando a secretaria da Academia Sueca a chamou para comunicarlle a concesión do Nobel de Literatura, Anne Carson estaba en Islandia, segundo dixo, escoitando o vento. Aos setenta e seis anos, unha muller que viviu de ensinar grego antigo, traduciu a Safo e deulle nova...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.