Nove butacas libres a catro días do inicio da Mostra de Teatro de Ribeira

23 Setembro 2019

20190923. A tan só catro días do inicio dunha nova edición da Mostra de Teatro de Ribeira, quedan nove butacas libres no Auditorio municipal despois de que a venta de bonos para o conxunto da programación superase, segundo indican desde o Concello, tódalas previsións coa expedición dun total de 261 para un aforo de 270. Respecto ao ano pasado, momento no que se implantou este sistema, despacháronse 171.

Tal e como estaba anunciado, hoxe, 23 de setembro, póñense á venta as entradas individuais para a primeira das funcións, na que Sarabela Teatro representará a obra Normas para saber vivir na sociedade actual, ás 21.30 horas.

As nove entradas individuais á venta poden adquirirse na Oficina de Atención Cidadá da Casa do Concello por un importe de 4 euros, facéndose a operación mediante tarxeta bancaria.

Así mesmo, decidiuse manter á venta os bonos para que, quen o desexe, poida reservar unha butaca para as once funcións por un prezo global de 25 euros.

Esta convocatoria trátase da mostra máis longa da última década en Ribeira, pois un total de 11 compañías profesionais laureadas co Premio de Teatro María Casares serán as encargadas de achegar esta rama das artes escénicas a través das súas diversas obras.

Sarabela Teatro levará Normas para saber vivir na sociedade actual o venres, 27 de setembro; Redrum Producións con Idiota o venres, 4 de outubro; Malasombra con Bernarda o venres, 11 de outubro; Ibuprofeno Teatro con Casa o’ rei o venres, 18 de outubro; Dinamo Producións con Eu queríame casare o venres, 25 de outubro; Redrum Producións con Invisibles o venres, 1 de novembro; Producións Teatrais Talía con Vida de cans o venres, 8 de novembro; Contraproducións con A compañeira de piso o venres, 15 de novembro; Produción Excéntricas con Carpe diem o venres, 22 de novembro; A Panadería con Elisa e Marcela o venres, 29 de novembro; e De Ste Xeito con Running o xoves, 5 de decembro.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

“El Rey legitimó la Corona”. José Castro López

El Gobierno dio un paso significativo desclasificando documentos del fallido golpe de Estado del 23 de febrero de 1981. Aquel día, con la irrupción de Antonio Tejero en el Congreso, la incertidumbre paralizó al país y la joven democracia española vivió su momento más...

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

“Catálogo de estrellas”. Mario Clavell

Hace tres semanas fue publicado el muy simpar catálogo REGALADE que enumera y da distancias y medidas de ochenta millones de galaxias en el cosmos observable. Distan hasta seis mil millones de años luz, y permite que los astrónomos identifiquen muchas más galaxias y...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.