Nova oportunidade de formación para os maiores de 50 anos en Rianxo

24 Setembro 2019

20190924. O cuarto ciclo de Camiños de experiencia e coñecemento achegará formación universitaria a maiores de 50 anos en Rianxo. Este proxecto de democratización do coñecemento conta cun amplo programa. Deste xeito, o martes, 15 de outubro, terá lugar a clase de economía circular ‘O novo reto socioeconómico que xa está aquí’ a cargo de Gumersindo Feijoo Costa e María Teresa Moreira Vilar. Volverán o mércores, 16 de outubro, coa parte práctica.

O xoves, 17 de outubro, será a quenda de Álvaro Dosil Rosende con ‘O cine como linguaxe’, celebrándose o venres, 18 de outubro, a parte práctica.

O martes, 22 de outubro, chega o seminario teórico-práctico (I): ‘Matemáticas, pídechas o corpo!’ da man de Beatriz Álvarez Díaz, Laura Dávila Pena e Érika Diz Pita. Esta cita terá continuidade na xornada do martes, 29 de outubro, coa segunda parte deste seminario.

María Canedo Barreiro será a encargada de ofrecer o curso ‘Tesouros agochados no rural’ o xoves, 24 de outubro, que proseguirá o venres, 25 de outubro, cunha visita á igrexa de Santa Comba de Rianxo.

Tódalas actividades se desenvolverán en horario de 16.30 a 18.00 horas na aula do Centro Sociocultural-Auditorio de Rianxo. A matrícula é gratuíta e os interesados poden formalizala no enderezo electrónico cultura@concelloderianxo.gal ou de maneira presencial no propio Auditorio, así como solicitar máis información se o precisan.

Outros artigos

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

El Papa León XIV, presidente de la Ciudad del Vaticano. Solo datos, no opinion Nos habla con palabras de amor, de la dignidad, del derecho de los oprimidos, de atender y dar protección a quienes buscan un futuro en Europa que en sus países no tiene. El pontífice, que...

“Sobre el Papa León XIV” – Manuel Domínguez

“El viejo cura de aldea” – Manuel Domínguez

El viejo cura de aldea. ¿Le conocí? Don Juan era un sacerdote muy apreciado por los niños, muchos se turnaban para ser monaguillos. Ciertamente alguna tarde solía repartir algún caramelo entre los niños buenos y los no buenos eran buenos, tal vez traviesos. El maestro...