Nova edición do curso de ioga do Náutico de Ribeira

04 Setembro 2019

20190904 O Club Náutico de Ribeira presentou os días pasados a edición 2019-2020 do seu curso de ioga, unha actividade de saúde e autocoñecemento persoal e corporal que se desenvolve os luns e os mércores de cada semana ás 19.00 horas. Segundo lembran dende o club, o obradoiro ten especial interese para todos aqueles usuarios que queiran dar un impulso á súa saúde, á súa consciencia corporal e ao alivio de todo tipo de problemas relativos ao sistema músculo-esquelético (a práctica do ioga é un dos mellores xeitos de loitar contra as dores lumbares e de optimizar a flexibilidade e a relaxación).

As sesións que se desenvolven no Club Náutico de Ribeira serán impartidas por Roque Torres Moreira, profesor de Educación Física e monitor de ioga dende hai máis de 25 anos. Quen queira recadar máis información, pode facelo a través do teléfono 630 657 381 ou ben mediante a conta de correo roke.ram@hotmail.com.

Outros artigos

Publicidade

PEL

Revista en papel

Opinión

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

“Dios está tristemente enfadado”. Manuel Dominguez III

El pastor evangélico Tom Mullins y una veintena de más colegas, todos portavoces de la palabra de Dios. Oran en la Casa Blanca, rodeando al presidente D Trump, y rogando a Dios le dé a Trump, sabiduría para su corazón y su mente. Aquí vemos que Dios no puede hacer...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.