Manuel Dieste, distinguido a título póstumo coa Cruz de Ouro pola Asociación Española de Agrupación de Protección Civil

07 Setembro 2019

20190907.- A agrupación ribeirense tamén será condecorada polo seu labor.  O que foi fundador da Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira, Manuel Dieste Mos, vén de ser distinguido a título póstumo pola ANAV Protección Civil (Asociación Nacional de Agrupaciones y Asociaciones de Voluntarios de Protección Civil de España) coa Cruz de Servizos Distinguidos na categoría de ou

Así o acordou por unanimidade a citada entidade na xunta directiva celebrada o pasado 26 de agosto, segundo comunicación recibida esta semana no Concello. Ademais, a propia Agrupación de Voluntarios de Protección Civil de Riveira tamén foi recoñecida en votación unánime polo seu labor exemplar coa Placa ao Mérito na súa categoría de ouro.

Ambas distincións serán entregadas nunha cerimonia que se celebrará o vindeiro 19 de outubro na Academia Galega de Seguridade Pública.

Cómpre lembrar que a Corporación Municipal de Riveira xa acordou no pleno do pasado febreiro de 2019 que a sede da agrupación de voluntarios riveirense levase o nome de Manuel Dieste Mos.

Manuel Dieste Mos (Ribeira, 1967) faleceu o 16 de outubro de 2017 tras unha intensa loita contra a leucemia. Creador da agrupación de Protección Civil na capital barbancesa, o veciño de Carreira exerceu como concelleiro do PP da man de José Luis Torres Colomer, quen o levou como terceiro na lista popular das eleccións municipais de 1995. Dieste foi tamén pioneiro en Novas Xeracións, entidade que tamén puxo en marcha en 1993, cando contaba con 26 anos. Quen o coñeceu destacan a súa implicación coa mocidade e a súa preocupación pola localidade na que creceu. Así, tamén ocupou o cargo do presidente no Atlético Ribeira, ademais de directivo no Carreira, equipos nos que colaborou para que os críos tivesen un lugar no que gozar do deporte. Despois da súa etapa política, o ribeirense deu o salto ao mundo empresarial, onde se centrou no sector marisqueiro, o que lle obrigou a marchar da súa cidade para mudarse ao Grove.

Outros artigos

A Curota énchese de bandeiras galegas nunha caravana patriótica

A Asemblea Intercomarcal de Mulleres do BNG Barbanza–Muros Noia organizou este domingo 13 de xullo pola mañá unha caravana patriótica que partiu ás 11.30 horas desde A Pobra do Caramiñal con destino ao miradoiro da Curota, dentro da programación de actividades previas...

+

Publicidade

Revista en papel

Opinión

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

“Vivenda e administracións públicas” – José Manuel Pena

Somos moitos os que cada vez estamos máis convencidos de que o problema da vivenda se utiliza como cuestión política e electoral pero non hai unha vontade real en buscarlle unha solución a miles de familias que teñen moito problemas para atopar unha vivenda...

O Barbanza
Resumo de privacidade

Esta web utiliza cookies para que podamos ofrecerche a mellor experiencia de usuario posible. A información das cookies almacénase no teu navegador e realiza funcións tales como recoñecerche cando volves á nosa web ou axudar ao noso equipo para comprender que seccións da web atopas máis interesantes e útiles.